Cando estábamos a formalizar a Anpa, démoslle voltas ó nome que lle poderíamos poñer. Entre varios xurdiu a idea de poñerlle o de Luis Pardo, polo que este persoaxe ten significado para a educación en Ponteareas, entre outras cousas.
Luis Pardo, recientemente falecido, era un personaxe de Ponteareas que sempre estivo involucrado nos temas referentes ó seu pobo. Era un loitador nato, o mellor a súa forma de actuar non gustaba a todo o mundo, tiña seguidores e detractores, era un lider e facía que as masas o seguiran. Coas súas medidas drásticas, el conseguía obxetivos que creemos que é a única forma de conseguilo, como por desgraza xa temos comprobado.
Como integrante da asociación de veciños de Canedo, teñen o logro de pechar o vertedeiro da Picaraña. Na rotonda de Canedo enfrentáronse a todo un exercito de antidisturbios, que non dubidaron en usar a forza para desaloxar a uns veciños que loitaban polo deles.
Pero o que máis nos convenceu para a proposta do nome, foi a súa involucración cos temas referente a educación. Pertenceu a Anpa do Pedra de Auga e a Federación de Anpas de Ponteareas, sempre loitou para conseguir unha maior calidade de ensinanza nos centros. Así, cando xa fartos de esixir a mellora do Pedra de Auga e a construcción dun novo IES, e das largas que lle daban, varios pais, entre eles el, decidiron subirse ó tellado do centro xunto con alumnos e pasar as noites encerrados. Como sempre, hai que tomar medidas de impacto para que nos fagan caso. Ó final o obxetivo cumpriuse, o IES Pedra de Auga foi notablemente mellorado e o novo IES do Barral construído.
Hoxe, varios anos despóis disto, e sabendo tamén as penurias que pasamos todos os pais ( e as que aínda estamos pasando e nos quedan por pasar), temos que recoñecer que se algo hai feito, en parte é grazas a el e a xente como el. Por iso queremos seguir con ese espiritu loitador, e que mellor que a Anpa levase o seu nome.
Na reunión celebrada cos pais para formar a Anpa, propúxoselle o nome, e foi aprobada por unanimidade.
Agora tamén nos gustaría que o Centro levase o seu nome. Sempre mellor que leve un nome dunha persoa de Ponteareas, que se sentiu involucrada, que algún que non teña nada que ver con nos.