Recordamos que todos os que se queiran facer socios da Anpa, poden facelo mediante o pago da cuota establecida de 15 Euros, nas oficinas de Caixanova, na conta:

2080 0435 66 0040120229

9 jun. 2013

Libros de texto

Segundo o  DOGA do dia 30 de maio, a vixencia dos libros de texto, pasará a ser de 6 cursos académicos.


   Desde esta ANPA, e motivados pola situación  economíca actual, e en colaboración coa Dirección do centro, queremos poñer en marcha un Banco de Libros. E que se consolide, coma unha maneira de poder aproveitar os libros o máximo tempo posible. Asi como voltar a educar os nosos fillos nos valores da conservación e intercanvio dos mesmos.  O proxecto, estase a estudiar, e se pasara información, cando esta este preparada. Necesitamos de toda a vosa colaboración, así como comprensión polas deficiencias que poidan xurdir na posta en marcha deste proxecto.


15 mar. 2013

Concentración

O vindeiro martes dia 19, tes que unirte a concentración que terá lugar diante do concello. Porque non podemos permanecer impasivos ante os recortes na educación. MANIFESTATE!!!!!!!!!!!

14 mar. 2013

Video moy chulo

Este video trata de esplicar, onde se pode chegar, se seguimos co actual sistema de recortes. Merece a pena votarlle un ollo.

6 feb. 2013

Festa entroido

Tamén, un pouco de lecer. Lembrade levar o voso cané de socio




Concentración LOMCE

O dia 7 ven concentrarte con nós, en contra da LOMCE.


11 dic. 2012


MANIFESTO  que se leera na concentració, do dia 13 no concello

   A FANPO (Federación de ANPAs de Centros de Ensino Públicos de Ponteareas) considera que a gravísima situación actual demanda unha resposta contundente do alumnado e as súas familias. Estamos ante un ataque sen precedentes aos dereitos dos cidadáns, con recortes salvaxes na educación pública que, no contexto actual, agrávanse pola coincidencia con outras medidas igualmente inaceptables.

Arrincamos un curso escolar que superou con fartura os peores prognósticos e chegou o momento de que o alumnado e os seus pais e nais, ademais de seguir realizando mobilizacións conxuntas co resto da Comunidade Educativa, elevemos as nosas voces para dicirlle ao Goberno Central, e ao Autonómico que seguimos a nosa senda, que chegamos ao momento de non retorno e que non estamos dispostos a tolerar nin unha soa medida de retroceso máis.

O alumnado e as súas familias están soportando recortes en todas as partidas, que non fan outra cousa que castigar as xa maltreitas economías familiares, abocando ao abandono educativo a moitos alumnos e alumnas por cuestións económicas. É intolerable e debemos cambiar radicalmente as medidas que se están a tomar.

Sobran os motivos, pero queremos resaltar especialmente que todas as ANPAS mobilizámonos conxuntamente porque:
  • Non aceptamos un novo cambio de Lei educativa. A sociedade está cansada de que cada novo Goberno se empeñe en modificar a lexislación educativa, máxime se, como ocorre agora, faise sen contar cos diferentes sectores buscando cambiar o actual modelo social e satisfacer consignas ideolóxicas.
  • Non aceptamos que se nos minta para xustificar unha reforma do sistema educativo terxiversando datos e facendo xuízos de valor que non están baseados en datos fiables e contrastados.
  • Non aceptamos que se desmantele a educación pública para beneficio exclusivo da iniciativa privada, desviando os fondos públicos para financiar entidades privadas, moitas de dubidosa legalidade, que ata se atreven a vulnerar a Constitución coa conivencia de quen deberían cumprir e facer cumprir o marco legal vixente.
  • Non aceptamos que haxa nenos e nenas que pasen fame nos centros educativos, máxime tendo en conta que contribuíu a iso que determinados responsables políticos decidan retirar as axudas ás súas familias xusto cando en tan só dous anos a cifra de pobreza infantil en España creceu un 10%, incremento que é consecuencia do acoso e derriba ao que están sometidos os dereitos de tódolos cidadáns.
  • Non aceptamos que se eliminen todo tipo de axudas ao alumnado e as familias, incrementándose e mesmo creando novas taxas, incumprindo o mandato constitucional da gratuidade do ensino e o dereito de acceso en igualdade de condicións, chegando a ser habitual que os nenos non dispoñan dos libros de texto e o material curricular necesario para exercer o seu dereito ó ensino.
  • Non aceptamos que os irresponsables políticos que nos gobernan sigan insultando ao profesorado, que goza do noso respaldo e do alumnado co que conviven diariamente, nun ataque sen precedentes á figura do funcionario público e dos interinos, aos que se trata en ámbolos casos coma se fosen bonecos de feira, co único obxectivo de pór a educación en mans da empresa privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.
  • Non aceptamos que o Goberno central, e o autonómico que secunda as súas directrices con alegría, sigan desprezando á comunidade educativa, o que demostran coas súas actuacións e coas súas manifestacións públicas. Esquécense de que son os nosos servidores e non os nosos ditadores.
  • Non aceptamos que haxa centros públicos ou concertados que impartan a escolarización completa somentes en castelán nin que o Estado pague con fondos públicos a escolarización en centros privados daqueles alumnos que queiran recibir educación en español. Este borrador é unha ofensiva contra o galego que deixa a lingua propia como residual no ensino.
  • Non aceptamos que se rescate unha alternativa para a materia de Relixión, cedendo así ás reivindicacións da Conferencia Episcopal, que pretende evitar que moitos alumnos fuxan da materia. O borrador sinala que entre as materias específicas os alumnos de primaria deberán cursar ou ben Relixión ou ben Valores Culturais e Sociais, a elección dos pais ou titores. No caso de secundaria, a alternativa será entre Relixión e Valores Éticos. Na actualidade, a relixión é unha materia de oferta obrigatoria por parte dos centros e voluntaria para o alumno.

En definitiva, o alumnado e as familias dicimos "ata aquí chegamos", e esiximos:

1.       O cesamento fulminante do Ministro Wert e de todo o seu equipo.
2.       A retirada inmediata do inaceptable anteproxecto de reforma da LOE.
3.       A paralización inmediata de todas as medidas de recorte e desmantelamento do ensino público.
4.       E a apertura, cun novo equipo ministerial, dun proceso real de diálogo cos diferentes sectores da Comunidade Educativa para buscar, entre todos, o consenso necesario para mellorar, de verdade, o ensino público.

Deste xeito, convocamos ás familias e ao alumnado de Ponteareas e a súa Comarca a sumarse á concentración de protesta que convoca a FANPO o vindeiro 13 de decembro, ás 19.00 horas diante do Concello de Ponteareas, a fin de que masivamente fagamos unha protesta firme ante a situación que atravesa o noso sistema de ensino público.

Facemos un chamamento especial ás familias para que acudan sen ningunha vacilación a fin de reclamar e defendelos dereitos do alumnado actual e futuro.

Asemade cada ANPA convocará á súa comunidade educativa (pais/nais, alumnado e profesorado), a fin de realizar protestas ou mobilizacións diante dos Centros Educativos o mesmo día 13 de decembro ás 12.00 horas.

Chegou o momento de que transmitamos unha mensaxe clara de que estas medidas chegaron ata o límite  e que non estamos dispostos a que sigan por ese camiño.

23 nov. 2012

Socios da ANPA


   Se sodes socios de esta ANPA, e xa tedes o voso carnet, podedes veneficiarvos de descontos en varios comercios de Poteareas.
  • CARLIN papalería,en RUA ESPERANZA nº 11- un 10% en todo tipo de material escolar.
  • MILFOLLAS librería, na RUA OS CARBALLOS – un 8% nos libros de lectura e no material escolar.
  • INDICE peluquería, AV. CASTELAO nº 69 – un 20% o titular do carnet, e u 10% os familiares.
  • DEPI-DEL centro estético, RUA DANIEL OJEA nº3 – 1ª sesión fotodepilación ingles-axilas 2 por1, oferta limitada a un usuario por carnet.
  • POLI-SPORT ropa de deporte, PLAZA MAYOR nº4 – un 20%.
  • ATMOSFERA SPORT ropa de deporte, VIRGEN DE LOS REMEDIOS nº8 – un 12%.

Se conseguimos mais comercios , os publicaremos para mantervos informados.
Tamén imos seguir co DIA DA ANPA, na cafeteria do centro, o último venres de cada mes, no que por cada medio bocadillo que merquedes, presentando o voso carnet, teredes un refresco GRATIS.

12 nov. 2012

Apoio a folga xeral do 14N

Esta Anpa, o igual que a federación a que pertence, quere apoiar a folga do  14N


31 oct. 2012

   O pasado 1 de octubre, celebrouse una Asamblea Xeral Ordinaria, que tiña como principal punto na orde do dia, a renovacion da xunta directiva de esta Anpa.a esta asistiron 11 persoas, dentre as que sairon os novos postos da Anpa que queda como segue:

               Presidenta:        Rosa Mª Iglesias Couñago
               Vicepresidente: Oscar Bacelar González
               Tesorera:          Rosa Mª González Groba
               Secretaria:        Montserrat Garcia Vázquez
               Vogais:             Luis González Vázquez
                                       Gumersinda Troncoso Rodríguez
                                       Patricia Romero Fernández

    A nova directiva porase a traballar de inmediato, e tratara de facer todo o que poida, para axudar tanto o  instituto, coma por suposto os alumnos que nel estudian. Tamen pedimos a colaboracion e comprenson de todos os pais, e procuraremos atender a todas as consultas, dubidas e peticions que nos fagades chegar. Sen mais un saudo a tod@s. E vo curso.
                   
         

28 jul. 2011

O conselleiro de educación visita o centro, ante a petición da directiva do Anpa

O pasado 27 de Xullo recibimos a visita do conselleiro de educación da Xunta de Galicia, Jesús Vazquez, atendendo así este unha petición da directiva do anpa coa que se habia comprometido a realizala durante a pasada campaña electoral.
Durante esta visita faiselle chegar un escrito coas necesidades mais urxentes que mostra o instituto.
Estas necesidades son petición conxunta do Anpa e da dirección do centro, e son as seguintes:

1.- Chegar a un acordo co concello para a construción dun almacén para o ximnasio.

2.- Reclamar ao concello a solución dos accesos, tanto peonil como para o transporte escolar.

3.- Envío de mais equipos informaticos, xa que os existentes son insuficientes.

4.- Solicitude dunha partida económica especial para seguir coa elevación do valado para impedir que saian os balóns fora do recinto do IES.

5.- Solicitude do peche do pavillón cuberto para poder convertelo nun multiusos, que por un lado permita practícar o deporte aos alumnos mesmo baixo malas condicións climatologicas, e por outro dotar o centro dun salón de actos para realizar festivais, obras de teatro, etc, xa que o instituto carece deste.

6.- Incluír na oferta educativa do centro o Bacharelato Artístico, na modalidade de Artes Escénicas, Música e Danza, atendendo así á gran demanda existente en Ponteareas, de cursar este tipo de estudo.

7.- Compromiso por parte do conselleiro de visitar o centro para a entrega dos premios, recoñecemento á mellor evolución académica dentro do próximo curso, iniciativa conxunta da dirección do centro, e do Anpa, e que contará coa colaboración do concello

A visita do conselleiro foi recollida por varios medios de comunicación:











15 jul. 2011

Actuación dos alumnos de 3º no festival da FANPO

Espectacular actuacion dos alumnos de 3º A e B da ESO do IES PONTEAREAS no festival de fin de curso organizado pola FANPO no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas.

Un número muy orixinal e innovador que rompe coas clasicas actuacións que se suelen ver neste tipo de festivales.

Noraboa rapaces, a directiva da Anpa está moi satisfeita polo voso traballo.




11 jul. 2011

Solicitude de Bacharelato Artístico para o noso centro

Estes dias saiu publicado en distintos medios de comunicación o apoio por parte do concello de Ponteareas posicionándose claramente a favor de que o bacharalato artistico se poida cursar nun futuro próximo no IES PONTEAREAS.





18 jun. 2011

Solicitude de Bacharelato Artístico para o noso centro

Chamamento a toda a poboación de Ponteareas e concellos limítrofes.

A directiva da ANPA LUIS PARDO do IES DE PONTEAREAS en total acordo coa dirección de dito centro, anuncia a solicitude, ante á Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, para que se autorice e se faciliten os medios necesarios para a posta en marcha de un bacharelato de artes, na sua modalidade de “ artes escénicas, música e danza no devandito instituto de educación de secundaria.
Esta solicitude está abalada polos argumentos que a continuación se detallan.

- O Concello de Ponteareas e toda a sua área de influencia conta cunha enorme tradición artística, musical e cultural facilmente comprobables.
- Que o concello conta co Conservatorio Municipal REVERIANO SOUTULLO, ademais da Escola Municipal de Música, e o centro de desarrollo musical, ademais de outras escolas de música en concellos limítrofes a Ponteareas, o cual repercute en gran cantidade de agrupacions músicais por toda a nosa area de influencia.
- Coñecemos a existencia de gran cantidade de alumnos interesados en encamiñar o seu futuro a profesións relacionadas co mundo das artes e a música.
- Que o único centro na nosa área de influencia donde se pode cursar un bacharelato de artes na modalidade de artes escénicas, música e danza é o IES ALEXANDRE BOVEDA en Vigo, e temos constancia de que cubre tódalas prazas que oferta con alumnos do conservatorio de música de Vigo deixando sin a posibilidade de cursar este bacharelato a gran cantidade de mozos e mozas de toda a comarca.
- Que tendo en conta que os dous institutos de Ponteareas donde se pode cursar o bacharalato nas modalidades de “Ciencias e Tecnoloxia” e “Humanidades e Ciencias Sociais”evidencian que a súa oferta actual non é suficiente para facer fronte a demanda existente.
- Que estando matriculado no conservatorio os alumnos terian validadas todas as asignaturas especificas do bacharalato e so terian que cursar as troncais podendo asi simultanear bacharelato e estudios de música sen problema.
- Que o bacaharalato de artes non pecha as portas a ninguna carreira relacionada coas humanidades e ciencias sociais.
- E por último tendo en conta que no IES DE PONTEAREAS unicamente se imparte a etapa educativa da ESO, e conta con espazo suficente para acoller estudios de bacaharelato contando cunha planta enteira do edificio practicamente baleira.

Creemos que cumplimos todos os requisitos necesarios para que se nos conceda a solicitude realizada.

So necesitamos datos reais de alumnos dispostos a cursar este bacharalato, e para iso facemos un chamamento a toda a poboación de Ponteareas e os seus concellos limítrofes, para que todos os alumnos dispostos a cursar o bacharalato de artes escenicas música e danza dirixanse o IES de Ponteareas e manifesten ese desexo na conserxeria do mesmo sen compromiso algún pola sua parte.

2 may. 2011

Charlas sobre o acoso escolar e bandas xuvenís

Estimados Pais/Nais:
Dende a Federación de ANPAS de Ponteareas (FANPO), en colaboración coa Anpa LUIS PARDO do I.E.S. Ponteareas, temos o gusto de convidalos ás charlas de “Acoso Escolar” e “Bandas Xuvenís”, para a convivencia e mellora da seguridade escolar, impartida pola Garda Civil.

Esta actividade está dirixida aos pais e nais, que poden vir acompañados polos alumno/as, e se celebrará o vindeiro:

Mércores, 4 de maio de 2011, ás 19.00 h. no salón de actos do IES “Val do Tea”.

Sería un gran pracer contar coa vosa presenza xa que cremos que nos tempos que corren, os pais/nais debemos estar preparados para poder previr futuros problemas aos que se puidesen enfrentar nosos fillo/as.

29 mar. 2011

Reunión cos pais

A directiva da Anpa Luis Pardo do I.E.S. Ponteareas, preocupados polo alto indice de fracaso escolar que amosa o centro, convoca a todos os pais de alumnos a unha reunión que se celebrará o proximo venres dia 1 de abril ás 20.00 horas, na cafeteria do Instituto, para analizar entre todos as posibles causas que o poden estar provocando.

Tamen queremos que nos axudedes a buscar posibles solucións a este problema as cuales serán trasmitidas a dirección do centro.

24 feb. 2011

Festa de Carnaval

A Anpa Luis Pardo en colaboración coas Anpas do IES Val do Tea e Pedra da Auga, vai organizar unha festa de carnaval para os alumnos. Este é o cartel informativo.


Aviso para os socios que non teñan o carnet. Se deixan unha foto na conserxería, encargarémonos de facerllo.

17 nov. 2010

Carnés de socios da Anpa

Como xa sabredes por unha circular que mandamos polos alumnos, estes días estivemos no noso local da Anpa, no instituto expedindo os carnés para os alumnos socios. Cónstanos que varios rapaces que tendo pagado a súa cuota de socio, aínda non nos entregaron a foto para poder expedilo, polo que se queren poden entregala na conserxería, apuntándolle o seu nome por detrás. Xa nos encargaremos nós de recollela, para así poder facer o carné.

Recordamos que a presentación deste carné será imprescindible para acceder ós descontos que a continuación se detallan nas seguintes entidades colaboradoras con esta Anpa:

.- Polisport, na Praza Maior Nº 4; Un 20% de descontó en roupa e calzado deportivo.

.-RCM Fisioterapia, na rúa dos Ferreiro nº 19; Un 10% de descontó en masaxes para todos os componentes da familia.

.-Carballido Sport na carretera de Guillade Km 0,400 ou na rua Vidales Tomè Nº 4; Un 18 % de descontó nas suas compras para todos os compoñentes da familia.

.-Carlin na rua Esperanza Nº 11; Un 10 % de descontó en material escolar. Queda excluido da oferta o material de oficinas.

.-Librería Mil Follas na rua dos Carballos Nº10; Un 5% de desconto nos libros de lectura.

.-Floristeria Jazmín na Rúa Sarmiento Rivera Nº6; Un 10% de desconto en ramos e coroas.

Ademais os días que se sinalen na cafetería do instituto como día da Anpa, ó mercar o bocata ensinando o carné, recibirase un refresco gratis.

Tamén haberá precios especias para os poseedores do carné en todas as festas organizadas pola Anpa ó longo do curso, así como sorteos de exemplares de lectura obrigatoria do centro entre ditos socios.

Se todavia non sodes socios da Anpa Luis Pardo, e queredes beneficiarvos das ventaxas que ten este carné, podedes facervos socios pagando os 15 € de cuota anual en calquera oficina de Caixanova no número de conta 2080 0435 66 0040120229, facendo constar claramente o nome do alumno, e o curso no que está matriculado no presente ano. O prazo para facerse socio rematará o dìa 31 de decembro. Calquera alta nova, solicitamos que nos deixen a foto na conserxería do instituto, co seu nome escrito por detrás.

Para aclarar calquer dúbida podedes chamar ós telefonos de contacto 678755196 ou 676962533, ou dirixirvos o noso enderezo electronico anpaluispardo@gmail.com