Durante esta visita faiselle chegar un escrito coas necesidades mais urxentes que mostra o instituto.
Estas necesidades son petición conxunta do Anpa e da dirección do centro, e son as seguintes:
1.- Chegar a un acordo co concello para a construción dun almacén para o ximnasio.
2.- Reclamar ao concello a solución dos accesos, tanto peonil como para o transporte escolar.
3.- Envío de mais equipos informaticos, xa que os existentes son insuficientes.
4.- Solicitude dunha partida económica especial para seguir coa elevación do valado para impedir que saian os balóns fora do recinto do IES.
5.- Solicitude do peche do pavillón cuberto para poder convertelo nun multiusos, que por un lado permita practícar o deporte aos alumnos mesmo baixo malas condicións climatologicas, e por outro dotar o centro dun salón de actos para realizar festivais, obras de teatro, etc, xa que o instituto carece deste.
6.- Incluír na oferta educativa do centro o Bacharelato Artístico, na modalidade de Artes Escénicas, Música e Danza, atendendo así á gran demanda existente en Ponteareas, de cursar este tipo de estudo.
7.- Compromiso por parte do conselleiro de visitar o centro para a entrega dos premios, recoñecemento á mellor evolución académica dentro do próximo curso, iniciativa conxunta da dirección do centro, e do Anpa, e que contará coa colaboración do concello
A visita do conselleiro foi recollida por varios medios de comunicación:


No hay comentarios:
Publicar un comentario