Recordamos que todos os que se queiran facer socios da Anpa, poden facelo mediante o pago da cuota establecida de 15 Euros, nas oficinas de Caixanova, na conta:

2080 0435 66 0040120229

17 nov 2010

Carnés de socios da Anpa

Como xa sabredes por unha circular que mandamos polos alumnos, estes días estivemos no noso local da Anpa, no instituto expedindo os carnés para os alumnos socios. Cónstanos que varios rapaces que tendo pagado a súa cuota de socio, aínda non nos entregaron a foto para poder expedilo, polo que se queren poden entregala na conserxería, apuntándolle o seu nome por detrás. Xa nos encargaremos nós de recollela, para así poder facer o carné.

Recordamos que a presentación deste carné será imprescindible para acceder ós descontos que a continuación se detallan nas seguintes entidades colaboradoras con esta Anpa:

.- Polisport, na Praza Maior Nº 4; Un 20% de descontó en roupa e calzado deportivo.

.-RCM Fisioterapia, na rúa dos Ferreiro nº 19; Un 10% de descontó en masaxes para todos os componentes da familia.

.-Carballido Sport na carretera de Guillade Km 0,400 ou na rua Vidales Tomè Nº 4; Un 18 % de descontó nas suas compras para todos os compoñentes da familia.

.-Carlin na rua Esperanza Nº 11; Un 10 % de descontó en material escolar. Queda excluido da oferta o material de oficinas.

.-Librería Mil Follas na rua dos Carballos Nº10; Un 5% de desconto nos libros de lectura.

.-Floristeria Jazmín na Rúa Sarmiento Rivera Nº6; Un 10% de desconto en ramos e coroas.

Ademais os días que se sinalen na cafetería do instituto como día da Anpa, ó mercar o bocata ensinando o carné, recibirase un refresco gratis.

Tamén haberá precios especias para os poseedores do carné en todas as festas organizadas pola Anpa ó longo do curso, así como sorteos de exemplares de lectura obrigatoria do centro entre ditos socios.

Se todavia non sodes socios da Anpa Luis Pardo, e queredes beneficiarvos das ventaxas que ten este carné, podedes facervos socios pagando os 15 € de cuota anual en calquera oficina de Caixanova no número de conta 2080 0435 66 0040120229, facendo constar claramente o nome do alumno, e o curso no que está matriculado no presente ano. O prazo para facerse socio rematará o dìa 31 de decembro. Calquera alta nova, solicitamos que nos deixen a foto na conserxería do instituto, co seu nome escrito por detrás.

Para aclarar calquer dúbida podedes chamar ós telefonos de contacto 678755196 ou 676962533, ou dirixirvos o noso enderezo electronico anpaluispardo@gmail.com

No hay comentarios: