Recordamos que todos os que se queiran facer socios da Anpa, poden facelo mediante o pago da cuota establecida de 15 Euros, nas oficinas de Caixanova, na conta:

2080 0435 66 0040120229

7 nov 2009

Carencias do centro

Esta é a listaxe de carencias que amosa o novo I.E.S. de Ponteareas, e que temos entregado, tanto no centro, como na Consellería de Educación.

-. A biblioteca non ten libros.
-. Educación física non ten ningunha equipación, tales como balóns, petos,
conos, etc., o cal obrigará a eliminar da programación gran parte do
temario.
-. Aula de música sen instrumentos.
-. Aula de audiovisuais, totalmente baleira, ata sen mobiliario.
-. A terceira planta do edificio carece de mobiliario.
-. No aula de tecnoloxía só hai unha caixa de ferramentas cando se necesitarían sete, para ter unha por cada mesa de traballo.
-. A dotación de computadores é insuficiente, necesítanse mínimo 18 máis.
-. Non hai taquillas para os alumnos.
-. O laboratorio está sen equipar.
-. Os cuartos de baño non teñen espellos.
-. O local da Anpa está baleiro.
-. Non existe salón de actos para reunións, conferencias, festivais, etc.
-. Non hai timbre nin porteiro automático na entrada do centro, polo que
para poder entrar hai que chamar por teléfono.
-. O ximnasio non ten almacén, porque nel situáronse os depósitos da auga
quente procedente das placas solares.
-. O pavillón cuberto non ten pardes e cando chove entra a auga por todos
lados formándose charcos no interior, polo que a cuberta non
vale para nada.
-. Os pilares do pavillón cuberto atópanse a un metro da liña de xogo
sen protección ningunha, polo que calquera neno pódese
chocar con eles e facerse dano.
-. Todo o patio está sen axardiñar, e coa choiva a terra invade os
corredores, converténdose estes nunha pista de patinaxe co consecuente
perigo de caídas.
-. O valado do peche do centro é demasiado baixo, sobre todo nas
zonas de xogo, polo que os balóns poden saír fose do centro,
ata podendo invadir a estrada nacional 120

No hay comentarios: