Este xoves, a Plataforma Queremos Galego, citou ás Anpas de Ponteareas para unha charla explicativa sobre o novo decreto educativo aprobado Pola Xunta de Galicia. A charla será ás 20:00 horas no salón de plenos do IES Val do Tea.
Esta é a citación que nos mandaron:
"Diante da preocupación que está a xerar en gran parte da comunidade
educativa galega a presentación polo Goberno da Xunta das
chamadas Bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo, a
Plataforma Queremos Galego do Condado-Paradanta-Louriña, vai celebrar unha charla para falar deste asunto e, máis concretamente, para responder ás seguintes cuestións:
* -Cales son os cambios fundamentais que se contemplan na proposta de novo Decreto?
* -Existen realmente razóns pedagóxicas para unha viraxe tan radical no modelo lingüístico de ensino? Cal é a situación do sistema educativo galego se o comparamos co doutras comunidades autónomas?
* -Que consecuencias inmediatas acarrexaría a aplicación do novo Decreto se se aprobase definitivamente?
A charla, dirixida nomeadamente aos membros das ANPAS dos centros
educativos, terá lugar este xoves 28, ás 20:00 horas, no salón de
actos do IES Val do Tea, en Ponteareas.
Convidámosvos a que asisistades."
No hay comentarios:
Publicar un comentario