Ante a falta de medidas e interés polas partes competentes en solucionar o problema, a Anpa Bouza Brey, vai comenzar unha serie de protestas, coas cales intentaremos solidarizarnos, xa que é un mal para un caso tan vital como é a educación do noso pobo, e polo que creemos que nos compete a todos.
Por iso pedimos que acuda o maior número de xente posible, recordando que a concentración será de carácter pacífico e en silencio por respeto ós nenos e nenas que asistirán á inauguración da rotonda que terá lugar nese mesmo intre promovida polo Clube Ciclista de Ponteareas. Tan só portaremos carteis reivindicativos de cara ós medios informativos que acudan.

Podedes ver un resumo das carencias deste centro picando aquí.
1 comentario:
Moitas grazas pola vosa solidaridade en nome de todos os pais e nais de alumnos do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey. Esperamos que esta concentración sexa un éxito, xa que confiamos en que o resto de cidadáns de Ponteareas teñan a mesma preocupación polo ensino dos seus nenos e nenas que temos nós.
Unha aperta.
Publicar un comentario