Ante as numerosas peticións que fixemos á Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra, sobre o aprobado na reunión que mantivo a nosa Anpa con eles o 17 de Novembro do ano pasado, e vendo que nun principio nos daban largas sobre o prometido, e aínda por riba agora veñen con excusas de que non poden facelo ou non é competencia deles, mirámonos na obriga de empezar a denuncialo.
Así na prensa de hoxe viña unha reportaxe firmada por Laura Míguez. Pinchade neste enlace para botarlle unha ollada:
El nuevo instituto de Ponteareas sufre goteras nueve meses después de abrir...
Despóis dos atrancos para poder escomenzar o curso escolar, esta Anpa pon este blog para informarvos un pouco de como van as cousas e para que poidades comentar as vosas impresións, así como suxerencias, queixas... Entre todos temos que conseguir que este instituto sexa un centro modélico para Ponteareas
Recordamos que todos os que se queiran facer socios da Anpa, poden facelo mediante o pago da cuota establecida de 15 Euros, nas oficinas de Caixanova, na conta:
2080 0435 66 0040120229
2080 0435 66 0040120229
No hay comentarios:
Publicar un comentario