Recordamos que todos os que se queiran facer socios da Anpa, poden facelo mediante o pago da cuota establecida de 15 Euros, nas oficinas de Caixanova, na conta:

2080 0435 66 0040120229

18 jun 2011

Solicitude de Bacharelato Artístico para o noso centro

Chamamento a toda a poboación de Ponteareas e concellos limítrofes.

A directiva da ANPA LUIS PARDO do IES DE PONTEAREAS en total acordo coa dirección de dito centro, anuncia a solicitude, ante á Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, para que se autorice e se faciliten os medios necesarios para a posta en marcha de un bacharelato de artes, na sua modalidade de “ artes escénicas, música e danza no devandito instituto de educación de secundaria.
Esta solicitude está abalada polos argumentos que a continuación se detallan.

- O Concello de Ponteareas e toda a sua área de influencia conta cunha enorme tradición artística, musical e cultural facilmente comprobables.
- Que o concello conta co Conservatorio Municipal REVERIANO SOUTULLO, ademais da Escola Municipal de Música, e o centro de desarrollo musical, ademais de outras escolas de música en concellos limítrofes a Ponteareas, o cual repercute en gran cantidade de agrupacions músicais por toda a nosa area de influencia.
- Coñecemos a existencia de gran cantidade de alumnos interesados en encamiñar o seu futuro a profesións relacionadas co mundo das artes e a música.
- Que o único centro na nosa área de influencia donde se pode cursar un bacharelato de artes na modalidade de artes escénicas, música e danza é o IES ALEXANDRE BOVEDA en Vigo, e temos constancia de que cubre tódalas prazas que oferta con alumnos do conservatorio de música de Vigo deixando sin a posibilidade de cursar este bacharelato a gran cantidade de mozos e mozas de toda a comarca.
- Que tendo en conta que os dous institutos de Ponteareas donde se pode cursar o bacharalato nas modalidades de “Ciencias e Tecnoloxia” e “Humanidades e Ciencias Sociais”evidencian que a súa oferta actual non é suficiente para facer fronte a demanda existente.
- Que estando matriculado no conservatorio os alumnos terian validadas todas as asignaturas especificas do bacharalato e so terian que cursar as troncais podendo asi simultanear bacharelato e estudios de música sen problema.
- Que o bacaharalato de artes non pecha as portas a ninguna carreira relacionada coas humanidades e ciencias sociais.
- E por último tendo en conta que no IES DE PONTEAREAS unicamente se imparte a etapa educativa da ESO, e conta con espazo suficente para acoller estudios de bacaharelato contando cunha planta enteira do edificio practicamente baleira.

Creemos que cumplimos todos os requisitos necesarios para que se nos conceda a solicitude realizada.

So necesitamos datos reais de alumnos dispostos a cursar este bacharalato, e para iso facemos un chamamento a toda a poboación de Ponteareas e os seus concellos limítrofes, para que todos os alumnos dispostos a cursar o bacharalato de artes escenicas música e danza dirixanse o IES de Ponteareas e manifesten ese desexo na conserxeria do mesmo sen compromiso algún pola sua parte.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Оh well, nеver mind. It's that old saying...if it cannot be done, best to do it yourself.

Have a look at my web page; www.sevilcanasansor.com