Recordamos que todos os que se queiran facer socios da Anpa, poden facelo mediante o pago da cuota establecida de 15 Euros, nas oficinas de Caixanova, na conta:

2080 0435 66 0040120229

17 nov 2009

Reunión en Pontevedra

17 de Novembro de 2009. Reunión en Pontevedra co Xefe Territorial de Educación.

Asisten pola ANPA "Luis Pardo", Daniel Abril, Begoña Arjones e Carlos Sousa, o Xefe Territorial César Pérez Ares, a Inspectora de zona, a directora do I.E.S. do Barral e un membro da unidade técnica.

Nun principio dannos a noticia de que a xefatura vai dotar ó centro cunha partida especial de 10.000 Euros para solucionar carencias. A Directora é quen ten que xestionalos e invertilos donde o vexa máis convinte.

Por mediación dun escrito pasamos a tratar as carencias do centro.

-Biblioteca, irase dotando de libros de maneira progresiva, na primeira partida special xa podrían haber dotado dalgúns libros, pero según o presupuesto do centro non chegan os cartos. Como alternativa din que nos recreos pódese usar a aula de informática para consultas en internet.

-Educación Física, a directora vai pedir presupuesto.

-Aula de música, ó parecer carece de instrumentos, o profesor solicitou un piano. Ante esta petición a inspectora mostrouse reacia, e aí foi cando nos dixo que non podíamos mentir, que a aula tiña que ter instrumentos, pero de piano, nada de nada, iso era unha locura e un luxo. Nos comentámoslle que o mellor referíase a un órgano barato. Quedou no aire.

-Aula audiovisual, están pedidas as mesas pala, a instalación do cañón e a pizarra, que xa están no centro, correrá a cargo da dotación económica. Únicamente que contacten coa empresa suministradora para ver se lles pode mandar a alguén para instálalo.

-3ª planta sen material, que é normal, conforme se vaian utilizando as aulas irase dotando.

-Aula de tecnoloxía, o profesor entregou unha lista co material que lle fai falla, taladro, caladora, etc. Novamente a inspectora pon cara de incredulidade, e nos di que esas peticións son abusivas, os profesores aínda son interinos e non poden solicitar cousas que cando veña o profesor definitivo non as vai usar. Excusas.

-Informática, hai sobre 15 ordenadores, fan falla outros tantos. Que teñamos calma, non se pode conseguir todo ó principio.

-Espellos nos baños, quedou encargado de colócalos a xefatura por mediación da unidade técnica.

-Carencia de salón de actos, os colexios novos non o teñen, non entran no proxecto, como solución para posibles festiváis conferencias etc. pódese usar o ximnasio. Para non estropear o piso, o xefe territorial pon a solución de cubrilo cunha moqueta cando se use, a cal pódese conseguir cando rematan as feiras no Ifevi. Non sei quen será o que vaia búscala...

-Timbre e vídeo porteiro, xa entran no presupuesto anterior, están a espera de que os instalen.

-Ximnasio, carencia de almacén, está ocupado por depósitos de augas das caldeiras. Solución, o profesor que habitúe unha esquina para este fin. A unidade técnica quedou de pasar a ver por que non desagua ben e se inundou un día.

-Pista polideportiva, ante a queixa de que chove dentro, dícennos que se fíxo cuberta sin ser obrigatoria. Sobre a protección dos pilares por estar moi cerca da pista, din que o van a estudar pero non o creen necesario.

-Vallado contra a N-120 que é baixo de máis, a unidade técnica vaino poñer máis alto,
xa que así é un perigo polos balóns que poidan ir parar a estrada.

-Horario dos autobuses que chegan moi cedo, poranse en contacto con Laredo para que o estudie e vexa se é posible soluciónalo.

-Entradas indepentes entre o ÍES e o Ramiro Sabell, van consúltalo se pode ser, eles non teñen problema en dar a conformidade para que o Concello o execute.

-Notificación de faltas antes de comenzar as clases, que non lle demos importancia, que simplemente é para xustificalas. Nos non estamos de acordo.

E así rematou a reunión, esperamos que se cumpla o tratado e executen todo o que dixeron. Comentar que o trato non foi tan cordial como parece ser, sobre todo por parte da inspectora, que sempre estivo en plan ameazante como se estivésemos un escalón por baixo, dudando da nosa boa vontade, e incluso chamándonos mentirosos. Chegaron a decirnos que buscábamos protagonismo, o cal si que é completamente mentira.

Isto, máis ou menos foi o que deu a runión en sí, sempre tratada a correr e con moitas presas por parte dos responsables de educación.

No hay comentarios: