
O pasado día 7 de Outubro escomenzaron as clases no IES do Barral. Nun principio, para tódolos pais afectados foi unha marabillosa noticia, por fin tiñamos os rapaces escolarizados e en horario de mañán. Aparentemente todo normal, quedaban un par de flecos que tratar coa Consellería de Educación, pero parecíanos que serían poucos problemas..
Pasados os días démonos conta de que o centro tiña un montón de carencias. Intentamos por tódolos medios que se fosen solucionando. Contactamos coa directora, co Concello, coa Inspectora de Educación, coa Consellería de Educación e ata coa Xunta de Galicia. De palabra déronnos unhas solucións, ás cales hoxe en día, case dous meses despóis, seguen sen estar solucionadas.
Seguiremos contactando con quen sexa convinte e instarémolos a quen nos busquen solucións. Pedímosvos confianza e apoio, entre todos habemos de sacar isto adiante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario