Recordamos que todos os que se queiran facer socios da Anpa, poden facelo mediante o pago da cuota establecida de 15 Euros, nas oficinas de Caixanova, na conta:

2080 0435 66 0040120229

23 feb 2010

Charlas e talleres no Centro Social de Ponteareas

Dende a dirección do centro, remitiuse ós alumnos un folleto informativo da "Escola de Familia" co programa de charlas e talleres para nais e pais. Estas charlas impartiranse no Centro Social de Ponteareas, a partires do mércores 24 ás 17:30 horas. Este mércores estará basada sobre a "Educación afectivo sexual". En breve, comunicaremos as seguintes.

Tamén nos comunican dende o centro que xa se puxo en marcha o sistema de envío de SMS ós pais, para informar sobre pequenas incidencias dos alumnos (puntualidade, deberes sen facer, falta de material, etc.). Estes SMS remítense dende un ordenador, polo que o número reflexado non vale para recibir chamadas. Para contactar co centro, deberán chamar ó teléfono fixo habitual, 986.64.44.06.

Queremos informar que ante as queixas presentadas por alumnos sobre a calidade das comidas do catering e confirmadas pola directora (recordar que os luns algúns alumnos comen no centro), puxémonos en contacto co Catering El Canario, empresa encargada de servir as comidas. Este luns viñeron a interesarse polo tema, informáronos que os menus teñen que cumprir uns normas nutricionais impostas pola Xunta. Comprometéronse, xa que é soamente un día á semana, a mellorar un pouquiño estes menús e a comunicar con anterioridade cales ían a ser. Hoxe xa confirmaron ditos menús ata Semana Santa, e iranse expoñendo no taboleiro de anuncios.

No hay comentarios: