As Anpas dos tres institutos de Ponteareas estamos traballando en conxunto, para intentar organizar un campeonato de fútbol sala entre os tres centros. A idea sería celebralo ó final do curso escolar, unha vez que rematen os exames. A data inicial pensada era para o venres 25 de Xuño, pero por imcopatibilidade entre os centros estamos baraxando o sábado 19 de Xuño, pola mañán. Esta data aínda non está confirmada.
O torneo disputaríase nas pistas do IES Val do Tea e do IES Pedra da Auga, e habería catro categorías distintas:
-1º e 2º da ESO, no cal participarían dous equipos por centro.
-3º e 4º da ESO, tamén con dous participantes por centro.
-Bacharelato e Ciclos, con un participante por centro. Nesta categoría non presentaríamos equipo ó carecer destes cursos.
-Feminino, con un participante por curso.
Conforme vaia avanzando a organización do torneo, irémosvos informando.
Despóis dos atrancos para poder escomenzar o curso escolar, esta Anpa pon este blog para informarvos un pouco de como van as cousas e para que poidades comentar as vosas impresións, así como suxerencias, queixas... Entre todos temos que conseguir que este instituto sexa un centro modélico para Ponteareas
Recordamos que todos os que se queiran facer socios da Anpa, poden facelo mediante o pago da cuota establecida de 15 Euros, nas oficinas de Caixanova, na conta:
2080 0435 66 0040120229
2080 0435 66 0040120229
No hay comentarios:
Publicar un comentario