Recordamos que todos os que se queiran facer socios da Anpa, poden facelo mediante o pago da cuota establecida de 15 Euros, nas oficinas de Caixanova, na conta:

2080 0435 66 0040120229

2 nov 2010

Lecturas obrigatorias en lingua galega para o curso 2010/11

DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA.

CURSO 2010-2011.

LECTURAS OBRIGATORIAS.

PRIMEIRO DE ESO.

1. Chamádeme Simbad.Francisco Castro. Editorial Galaxia.

2. Usha.María Raimóndez.Edicións Xerais.

3. Tonecho de Rebordechao.Breogán Ribeiro.Editorial Galaxia.

SEGUNDO DE ESO.

1. Palabras envelenadas. Maite Carranza.Editorial Rodeira.

2. Novo diario dun xovemaniático. Macfarlane e Macpherson. Edicións xerais.

3. Cando petan na porta pola noite de Xavier P. Docampo.Edicións xerais.

TERCEIRO DE E.S.O.

1. Anxos en tempos de chuvia.Miguel Vázquez Freire.Edicións xerais.

2. As lágrimas de Shiva.César Mallorquí, Editorial Rodeira.

3. Soidades de Ana. Jordi Sierra i Fabra. Editorial Galaxia.

CUARTO DE E.S.O.

1. AVALIACIÓN:

· Memorias dun neno labrego.Xosé Neira Vilas. Edicións do Castro.

· Comedia bífida. Núñez Singala . Editorial Galaxia.

1. AVALIACIÓN:

· Dúas letters.Bernardo Atxaga. Editorial Galaxia.

· Retrincos. Castelao. Editorial Galaxia.

1. AVALIACIÓN:

· Ollos de auga. Domingo Villar. Editorial Galaxia.

Lecturas obrigatorias en lingua castelán para o curso 2010/11

Lecturas obligatorias para 1º de E.S.O.:

1º trimestre: Manolito ontheroad de Elvira Lindo

2º trimestre: Cuando Hitler robó el conejo rosa de J. Kerr

3º trimestre: Memorias de Tristán Saldaña de Beatriz Berrocal Pérez.

Lecturas obligatorias para 2º de E.S.O.:

1º trimestre: La tejedora de la muerte de Concha López Narváez.

2º trimestre: Rebeldes de S. Hinton.

3º trimestre: Vigo es Vivaldi de J. M. Ayllón.

Lecturas obligatorias para 3º de E.S.O.:

1º trimestre: 97 formas de decir te quiero de J. Sierra i Fabra.

2º trimestre: selección de cuentos del Libro del Conde Lucanor de Don Juan Manuel (versión adaptada de la editorial Vicens Vives).

3º trimestre: selección de pasajes de El Lazarillo de Tormes, anónimo (versión adaptada de la editorial Vicens Vives).

Como medida de atención a la diversidad, se ha acordado sustituir las lecturas del segundo y tercer trimestre en el agrupamiento específico de este curso por Marcabrú y la hoguera de hielo de E. Teixidor y El oro de los sueños de José María Merino, respectivamente. Ambas obras están ambientadas en la época estudiada durante este curso.

Lecturas obligatorias para 4º de E.S.O.:

1º trimestre: selección de Leyendas de G. A. Bécquer (pueden recoger esta selección fotocopiada en conserjería).

2º trimestre: Cinco horas con Mario de Miguel Delibes

3º trimestre: Romancero gitano de García Lorca (lectura en clase guiada por la docente).

Como medida de atención a la diversidad, se ha acordado sustituir la lectura del tercer trimestre en el agrupamiento específico de este curso por una selección de Relatos de E. Allan Poe.

Las obras de lectura obligatoria para 4º PDC son:

1º trimestre: - No pidas sardina fuera de temporada de A. Martín y J. Rivera.

- Tristes armas de M. Mayoral

2º trimestre: - Selección de Relatos de E. A. Poe

- Habitación 202 de Concha Blanco.

3º trimestre: - El niño con el pijama de rayas J. Boyne

- Cando petan na porta polanoite de Xabier Docampo.

Nota: estas lecturas fueron acordadas hace ya unas tres semanas, figuran en la programación didáctica y de todas ellas ha sido informado el alumnado por sus profesoras respectivas. Además, se les ha facilitado una lista de lecturas optativas clasificadas temáticamente por si quisieran hacer un trabajo sobre ellas para subir nota.

14 oct 2010

Homenaxe a Luis Pardo




Dende a Asociación de veciños San Vicente de Canedo, fan un chamamento para acudir ó homenaxe a Luis Pardo este sábado.

Xa que a Anpa colleu o seu nome, entre outras cousas polo seu espíritu loitador, agradeceríamos a vosa presenza neste acto.

24 sept 2010

Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria

A directiva da A.N.P.A. Luis Pardo do I.E.S. de Ponteareas convoca a todas as nais e pais de alumnos de dito centro a unha Asamblea Xeral Ordinaria, que se celebrará o vindeiro martes día 28 de setembro as 19 horas en primeira convocatoria e as 19:30 horas en segunda convocatoria, na cafetería do propio centro, co seguinte orde do día:

-. Lectura da acta da asamblea anterior para a sua aprobación.

-. Actividades extraescolares.

-. Obxetivos marcados pola A.N.P.A. para o presente curso.

-. Rogos e preguntas.

Ante a importancia dos temas a tratar, esperamos a máxima asistencia posible.

http.www.anpaluispardo.blogspot.com.

Anpa Luis Pardo do I.E.S. De Ponteareas.

Proposta de actividades

Estes días entregamos ós alumnos un folleto, donde propoñemos as actividades que temos pensado organizar entre as anpas dos tres institutos de Ponteareas.

O prazo para confirmar a asistencia ó curso remata o día 28.

21 sept 2010

Libros de texto para o curso 2010 2011

Este é o listado que nos facilitou a dirección do centro dende a súa paxina web:

http://www.edu.xunta.es/centros/iesponteareas/

Libros de texto para o curso 2010 2011
View more documents from anpaluispardo.



15 sept 2010

Reunión cos pais e nais do alumnado do IES de Ponteareas e inicio das clases

O próximo xoves 16 de setembro celebrarase na biblioteca do IES de Ponteareas una reunión informativa (material escolar, libros de texto, normas do centro, etc) para aos pais e nais do alumnado matriculado neste centro. Nesa misma reunión presentaranse os/as titores/as dos diferentes grupos de acordo co siguiente horario:

1º ESO: 18h00

2º ESO: 18h30

3º e 4º ESO: 19h00

O venres 17 as 09h00, o alumnado asistirá a presentación cos seus tutores/as durante a cal se informará sobre libros de texto, material escolar, normas do centro, etc... A presentación rematará as 11h00 (os autobuses escolares realizarán ese horario de recollida).

As clases lectivas empezarán con normalidade o luns 20 de setembro en horario de mañá de 09h00 a 14h30, e tarde de 16h30 a 18h10, e de martes a venres en horario só de mañá .

27 jun 2010

Cadro de vencedores do I Torneo Intercentros

Rematado o torneo, pola tarde na discoteca Bonaparte,no transcurso da festa de fin de curso, fíxose entrega dos trofeos ós vencedores e participantes. Este foi o cadro de vencedores.



Noraboa ós gañadores e participantes

Resultados do I Torneo Intercentros

Podemos considerar que o campionato foi todo un éxito e desenrolouse sen ningún tipo de problemas. Estes son os resultados.



Resaltar que na categoría Bacharelato non se puido celebrar o campionato, ó non presentar equipo o IES Pedra da Auga, polo que o vencedor pasou a ser directamente o IES Val do tea.

15 jun 2010

Apoio á manifestación do Fermín Bouza Brey



Dende a Anpa Luis Pardo comunicamos que vamos prestar o noso apoio a manifestación que convoca o Colexio Fermín Bouza Brey e que se celebrará este vindeiro venres a partires das oito da tarde con saída dende o Concello. Pensamos que é importante a participación, para que dunha vez por todas se solucionen os problemas de educación que ten Ponteareas.

11 jun 2010

Nota de prensa no Faro de Vigo

Tamén no Faro de Vigo publicaban a denuncia que estamos a facer sobre os imcumprimentos das promesas realizadas por César Pérez Ares, xefe territorial de Educación de Pontevedra.

Pinchade para ler a noticia

9 jun 2010

Noticia en "La Voz de Galicia"

Ante as numerosas peticións que fixemos á Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra, sobre o aprobado na reunión que mantivo a nosa Anpa con eles o 17 de Novembro do ano pasado, e vendo que nun principio nos daban largas sobre o prometido, e aínda por riba agora veñen con excusas de que non poden facelo ou non é competencia deles, mirámonos na obriga de empezar a denuncialo.
Así na prensa de hoxe viña unha reportaxe firmada por Laura Míguez. Pinchade neste enlace para botarlle unha ollada:

El nuevo instituto de Ponteareas sufre goteras nueve meses después de abrir...

Nova concentración de protesta do Colexio Fermín Bouza Brey


A Anpa Tea do Colexio Fermín Bouza Brey vai celebrar unha concentración diante do Concello o venres día 11 ás 9:30, co fin de solicitar un novo centro para Ponteareas e así solucionar os problemas que alí manteñen. Por iso creemos convinte a asistencia para que dunha vez por todas lles den unha solución adecuada.

Entrevista ó Presidente da Federación de Anpas.

Neste enlace podedes ler a entrevista que publicaron en "La Voz de Galicia" a Alberto Covelo, presidente da Federación de Anpas de Ponteareas "FANPO", donde comenta os distintos problemas e deficencias que manteñen ós nosos centros educativos, así como o pouco interés por solucionalos por parte das institucións competentes.

Pinchade para ler a entrevista

7 may 2010

Solidarización co Colexio Fermín Bouza Brey

Este sábado día 8 de Mayo, a partires da 18:30, vai ter lugar unha concentración silenciosa no acto de inauguración da rotonda do ciclista. Esta concentración farase como acto de protesta, contra a falta de medidas adoptadas polas institucións (Xunta, Concello,etc.) para solucionar os problemas de masificación e falta de mantemento que sofre o Colexio Fermín Bouza Brey.

Ante a falta de medidas e interés polas partes competentes en solucionar o problema, a Anpa Bouza Brey, vai comenzar unha serie de protestas, coas cales intentaremos solidarizarnos, xa que é un mal para un caso tan vital como é a educación do noso pobo, e polo que creemos que nos compete a todos.

Por iso pedimos que acuda o maior número de xente posible, recordando que
a concentración será de carácter pacífico e en silencio por respeto ós nenos e nenas que asistirán á inauguración da rotonda que terá lugar nese mesmo intre promovida polo Clube Ciclista de Ponteareas. Tan só portaremos carteis reivindicativos de cara ós medios informativos que acudan.


Podedes ver un resumo das carencias deste centro picando aquí.

5 may 2010

Charla sobre os riscos das novas tecnoloxías

Fai unhas fechas mandaramos un formulario por mediación dos alumnos para saber o interés dos pais en poder organizar unha charla sobre os riscos das redes socias e do uso do internet en sí. Esta enquisa non nos deu moi bos resultados, xa que apenas nos chegaron contestacións para asistir a ela. Como pensamos que é un tema de vital importancia, e xunto coas Anpas do IES Val do Tea e o IES Pedra da Auga, decidimos organizala.

A charla sería impartida por un técnico na materia, en concreto por un membro da Garda Civil xa dedicado a impartir este tipo de charlas, e iría dirixida tanto a pais como a alumnos. Gustaríanos contar cunha importante cantidade de xente, xa que consideramos que é un tema moi delicado. Por iso pedimos un pouco de involucración e asistencia.

A data aínda está sen concretar, pero intentaremos organizala hacia o final do mes de Mayo.

Competición deportiva intercentros

As Anpas dos tres institutos de Ponteareas estamos traballando en conxunto, para intentar organizar un campeonato de fútbol sala entre os tres centros. A idea sería celebralo ó final do curso escolar, unha vez que rematen os exames. A data inicial pensada era para o venres 25 de Xuño, pero por imcopatibilidade entre os centros estamos baraxando o sábado 19 de Xuño, pola mañán. Esta data aínda non está confirmada.

O torneo disputaríase nas pistas do IES Val do Tea e do IES Pedra da Auga, e habería catro categorías distintas:

-1º e 2º da ESO, no cal participarían dous equipos por centro.
-3º e 4º da ESO, tamén con dous participantes por centro.
-Bacharelato e Ciclos, con un participante por centro. Nesta categoría non presentaríamos equipo ó carecer destes cursos.
-Feminino, con un participante por curso.

Conforme vaia avanzando a organización do torneo, irémosvos informando.